Skip to content

EDUCACIÓN SEXUAL E DIVERSIDADE FUNCIONAL

Cando: VENRES 26 DE ABRIL DE 2024

Hora: 16:30 h

Onde: APAMP (Rúa da Pedra Seixa, 33, Navia – Vigo,)

Nesta actividade traballaranse diferentes aspectos relacionados coa identidade sexual das crianzas, os seus procesos de maduración e a súa conduta sexual. Así mesmo, as familias poderán trasladar as súas inquedanzas e facer fronte a cuestións que xorden no día a día da educación e a convivencia.

A actividade será impartida por Débora Baz (Gabinete Amaturi), sexóloga e formadora.

Inscricións: foanpas@foanpas.com ou no 986 29 88 12

Actividade financiada coas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros públicos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. Secretaría Xeral de Igualdade, Ministerio de Igualdad e Pacto de Estado contra a violencia de xénero.