Skip to content

Curso de XESTIÓN DE ANPAS no IME

IMPORTANTE AVISO para todalas ANPAS asociadas a @FOANPASV

Os próximo días 8 Venres pô-la tarde e Sábado 9 pô-la maña no Instituto Municipal de Educación (IME) teredes a oportunidade de asistir a unha formación imprescindible para a Xestión cotiá das ANPAS.

O Venres 8 a partires das 17:00 no ámbito dos seguros de responsabilidade civil teremos a unha especialista no tema, e despois abordaremos os temas de interese na fiscalidade específica para as ANPAS e os temas relacionados co ámbito laboral (contratacións e autónomos).

O sábado día 9 pô-la maña faremos un taller práctico de documentación necesaria para a xestión cotiá: Estatutos, Asambleas, Consello Escolar, etc. Na segunda parte da mañá faremos a presentación da Intranet para ANPAs de Foanpas que queremos sexa a ferramenta mais importante para que a xestión dos socios nas diferentes actividades (comedor, aula matinal, extraescolares, festas) sexa mais rápida é sinxela así coma comunicación cos mesmos. Estará dispoñible a partires do 1 de Xaneiro de 2020. En breves datas faremos unha tarde de venres outro Taller de Protección de datos para ANPAS que estará na Intranet para o seu uso nas Inscricións, etc.

Inscribiros xa que será de moito proveito para facilitarnos as labouras e xestións que temos que facer nas ANPAS do ensino público que nos diferencian en calidade.

Haberá ludoteca para as crianzas.

AGARDÁMOSVOS