Skip to content

CONTACONTOS “MEIGA NOVA”

CONTACONTOS “MEIGA NOVA”

Cando: XOVES 9 DE NOVEMBRO DE 2023

Hora: 17:45 H.

Onde: CEIP VICENTE RISCO (Rúa Santander, 10, Vigo)

Magnífica actividade con música e intérprete de lingua de signos para toda a familia, maiores e crianzas. Con esta formación preténdese promover a lectura, a compresión oral en galego, o desenvolvemento da creatividade e a expresión artística favorecendo o coñecemento de mulleres galegas, neste caso Maruja Mallo.

A actividade será impartida pola compañía Polo Correo do Vento.

Actividade financiada coas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros públicos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. Secretaría Xeral de Igualdade, Ministerio de Igualdad e Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

PREGAMOS FAGADES DIFUSIÓN DESTA ACTIVIDADE PARA DESFRUTE DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.

Prazas limitadas.

Inscricións: foanpas@foanpas.com ou no 986298812