Skip to content

CONECTA COA VIDA, PREVENCIÓN DO SUICIDIO

Cando: MÉRCORES 28 DE FEBREIRO DE 2024
Hora: 18:00 H.
Onde: IES CASTELAO (Rúa de Aragón, 22, Vigo)

Inscricións: foanpas@foanpas.com ou no 986 29 88 12

A saúde mental é algo fundamental para o benestar das persoas. O ritmo de vida da sociedade, a esixencia e a presión están a agravar situacións de estrés, depresión, ansiedade, illamento ou autolesións que se están a dar nas nosas crianzas que poden acabar en suicidio. É por iso que as persoas que formamos parte da comunidade educativa debemos informarnos para atallar estas situacións, detectalas e poder dar resposta cando se produzan para coidar da mellor maneira a saúde mental das nosas crianzas.

A actividade será impartida por Alicia Parra Pérez, Técnica Saúde Mental FEAFES Galicia.