Concurso contratación da xestión do servizo de comedor nos centros docentes públicos da rede de FOANPAS.

ACTUALIZACIÓN:


“Trala ausencia de propostas válidas dos licitadores ó concurso para adxudicar o servizo de comedores da rede de Foanpas cara o curso 20/21 baixo os criterios dos Pregos de Prescipcións Técnicas elaborados polo Grupo de Trabalho da Comisión de comedores de Foanpas, fixemos unha declaración oficial de concurso DESERTO ratificada pola Xunta Directiva de Foanpas reunida o día 11 de Maio 2020.

O Grupo de Trabalho da Comisión de Comedores reuniuse para levar a cabo as posibles solución a este problema, dando varias opcións que resolvéronse en Asamblea Xeral Extraordinaria do 6 de Xuño 2020 por maioría absoluta no camiño de facer un contrato prórroga por un curso escolar coa empresa de catering ARUME (Alimentación Saudable Galega SL) seguindo os Pregos de Prescripcións Técnicas do ano 2018, engadindo as melhoras acordadas durante estes dous últimos cursos escolares entre Foanpas e a empresa de catering ARUME. As bases de comedores escolares para o vindeiro curso escolar 20/21 aprobaránse na Asamblea Xeral Ordinaria de Foanpas o día 15 de Xullo de 2020.”

Por mor do estado de alerta decretado polas autoridades, a Xunta Directiva de FOANPAS modifica os plazos de presentación de ofertas para o concurso de comedores e o proceso de presentación.

Ampliamos o plazo de presentación de ofertas ata o luns 27 de Abril de 2020.

Tendo enconta as actuais condicións de alerta sanitaría, habilitamos un proceso de presentación dixital de ofertas. Terán validez as ofertas enviada en formato PDF asinadas dixitalmente con Autofirma, usando o certificado da empresa que concursa. A oferta enviarase a presidencia@foanpas.com antes do 27/04/2020. Contestarase ao correo cun acuse de recibo asinado dixitalmente polo presidente ou o secretario de FOANPAS.

Para calquera dúbida técnica pódese mandar un mail a tic@foanpas.com

PREGOS DE CONDICIÓNS.