segue a FOANPAS en Facebook    segue a FOANPAS en Twitter    segue a FOANPAS en Youtube   

Concentración e peche en Foanpas (IME) #dereitosnonparches

Concentración e peche en Foanpas (IME) #dereitosnonparches

 

 

 

Estimados amig@s. O próximo 15 de Novembro, realizaremos un peche-concentración no IME (Instituto Municipal de Educación, Camiño do Chouzo,2), co gallo da situación que se está a producir coma consecuencia dos recortes nos recursos humans e materiais por parte da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, que conleva as seguintes consecuencias entre outras:

1. Nº escaso de profesionais, sobor de todo os adicados o alumnado NEAE: PT, AL, orientadores e ATEs (auxiliar técnico educativo ou coidadores), en cada centro ou compartido entre centros.

2. Menos inversión en instalacións de centros públicos.

3. Peche de unidades na escola pública a costa da apertura de unidades na escola concertada-privada.

Para elo, imos levar esta concentración-peche coa seguinte programación:

– 20:00 H; concentración no IME, saída e percorrido ata a Praza América pô-la rúa Coruña, en procesión da Santa Compaña, portando velas. Procuraremos ir con roupa de cor negra.

-21:30; comezaremos o peche no IME, cunha pequena chocolatada e o peche durará ata as 08:30 da maña do sábado. Procurar traer sacos de durmir. Durante a noite faremos charlas, obradoiros, proxectaremos algún documental de contido educativo. Animádevos a facer propostas.

Quereríamos que vos comprometérades ainda que sexa en diferentes horas da noite a participar neste peche, con elo queremos visibilizar a desidia da administración responsable da Educación pública en Galicia a súa falta de sensibilidade por as nosas crianzas e sobor de todo co alumno NEAE, que non merece ser tratado de esa maneira.

Temos que ser fortes e visibilizar esta situación e soamente s coa vosa participación poderemos conseguilo. Convidamos a toda a comunidade educativa.

ANOTARVOS E CONFIRMADE ASISTENCIA.

EU SON PÚBLICO DA ESCOLA PÚBLICA, E TI?

A Xunta Directiva de Foanpas