O grupo dos IES de FOANPAS constitúese coma un foro de intercambio de experiencias, problemática, coñecementos e posibles solucións dos asuntos da vida dos Institutos vigueses. Os IES son independientes da política municipal, dependen directamente da Consellería de Educación, e o alumnado presenta pola razón da súa idade problemáticas diferentes das que afectan os centros de educación infantil e primaria. Cada centro de Secundaria, en función das súas características particulares e visión do equipo directivo correspondente, enfronta problemas similares con unha maior o menor implicación, colaboración e respeto as necesidades das familias as que as ANPAS representamos. Por iso, consideremos positivo xuntar periódicamente as ANPAS dos IES neste grupo de traballo específico, para expoñer, debater e buscar solucións comúns aos asuntos que lles afectan de modo diferencial sobre os otros niveis educativos.Este grupo reúnese de modo diferencial cada dous meses, e xera dentro de FOANPAS a súa proposta de charlas de formación de país e nais e actividades específicas para o alumnado destas etapas formativas.
Actualmente as ANPAS dos IES de Vigo federadas en FOANPAS son as seguintes:
- ANPA “Merlín” do IES Alvaro Cunqueiro
- ANPA do IES de Beade
- ANPA do IES Alexandre Bóveda
- ANPA do IES Carlos Casares
- ANPA O Castro do IES O Castro
- ANPA “A Xunqueira” do IES Coruxo
- ANPA “Peniche” do IES Politécnico
- ANPA ROU do IES Rep. Oriental do Uruguai
- ANPA “Agarimo” do IES Rosais II
- ANPA “Santomé” do IES Santo Tomé
- ANPA Vial CUVI do IES Valadares
- ANPA do IES A Guía
- ANPA do IES de Teis
- ANPA do IES Castelao
- ANPA do IES Santa Irene