Skip to content

Comisión de Convivencia

A COMISIÓN DE CONVIVENCIA
A Comisión de Convivencia de FOANPAS é a FOANPAS mesma.Circulo, Las Manos, Trabajo En Equipo

A convivencia das persoas dentro da comunidade educativa é o principal eixo de traballo desta Federación, xunto coa defensa dos dereitos do alumnado e das familias.
Para poder levar a cabo esta defensa, é prioritario que desenvolvamos, practiquemos e actuemos baixo o paraugas da sa convivencia positiva.
A nosa responsabilidade é trasladar estes bos hábitos de cultura da paz, adoptar na nosa vida as palabras diálogo, asertividade, empatía… e practicalas.
Coordinamos as demais comisións e grupos de traballo de FOANPAS. Encargámonos das xornadas de formación, sempre tendo en conta a diversidade, o respecto e a universalidade.
Este traballo coas demais comisións, garante que en todas as parcelas da comunidade educativa se teñan en conta todos os aspectos da vida diaria, das horas lectivas, familiares, lúdicas e sociais.
Escoita activa ás familias, mediacións entre familias, docentes, ANPAS, Administracións… sempre empregando as normas correctas da mediación.
As persoas que formamos esta comisión temos moi claro que somos “escoitadoras”, canalizando cara a onde corresponda a situación e buscando solucións pacíficas, consensuadas e positivas.

O decreto que desenrola o rexime xurídico de convivencia e participación da comunidade educativa galega podedes léelo aquí.