Skip to content

COIDAR A QUEN COIDA

Cando: SÁBADO 25 DE FEBREIRO DE 2023

Hora: 09:30 H.

Onde: Verbum (Av. Samil, 17, Vigo)

Coidarse a unha mesma é algo fundamental para o benestar das persoas. Con este obradoiro queremos facilitar un espazo de desconexión da rutina e mellorar o autocoidado ademais de compartir ferramentas e experiencias que axuden a mellorar o benestar emocional e físico das nais e pais que coidan para co-crear espazos de aprendizaxe vivencial.

A actividade será impartida por Patri Do Camiño e Isabel Moreno Machado de Coaching Vivencial.

Servizo de ludoteca de 3 a 12 anos (previa inscrición e se hai un mínimo).