Skip to content

COIDAMOS A SAÚDE MENTAL DA XUVENTUDE?


Cando: MÉRCORES 27 DE ABRIL DE 2022

Hora: 17:00 H.

Onde: IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO (Av. Gran Vía, s/n, Vigo)


A saúde mental é algo fundamental para o benestar das persoas. A pandemia provocada pola COVID veu agravar situacións de estrés, depresión, ansiedade, illamento ou atolesións que se están a dar nas nosas crianzas. É por iso que as persoas que formamos parte da comunidade educativa debemos informarnos para atallar estas situacións, detectalas e poder dar resposta cando se produzan para coidar da mellor maneira a saúde mental das nosas crianzas.


A actividade será impartida por David Del Castillo, Coordinador e Psicólogo, Programa de Intervención Precoz en Psicose, DOA Saúde Mental.


Prazas limitadas.


Inscricións: enchendo o formulario: https://forms.gle/GCFMN6DSxPyTRJjEA