Skip to content

Ciclo de Webinar de FOANPAS.

Imos camiño do septimo Webinar , tras a intervención de Carmen Ruíz , que nos falou de igualdade, xa dispoñible na nosa canle de YouTube, continuamos cun novo Webinar, o luns 15 de Xuño as 18:30h.

Diversidade auditiva: Falando coas máns, con Benigno Sanchez, Isolina Piñeiro e AZ Lingua de Signos.

Contaremso con interprete de lingua de Signos. Asiste en directo con Hangout Meet:

Dende a Confederación ANPAS Galegas*, este curso iniciamos unha campaña de visibilización e información sobre os protocolos educativos publicados pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Estes documentos son ferramentas ó alcance da comunidade educativa que serven para mellorar a atención educativa ó alumnado, o seu desenvolvemento persoal, afectivo e social e a convivencia. Porén, son uns grandes descoñecidos entre as familias, de aí o lanzamento desta campaña.

Nesta ocasión, trataremos o Protocolo para a atención educativa ó alumnado con discapacidade auditiva e facémolo nunha data significativa, xa que o 14 de xuño se conmemora o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas.

Contaremos con Benigno Sánchez, orientador do CPI Xunqueira, quen nos mergullará neste protocolo e nos seus aspectos máis importantes; con Isolina Piñeiro, presidenta da organización ANPANXOGA, dándonos a visión e experiencia das familias e, pecharemos con algo moi especial, un conto en lingua de signos da man de AZ Lengua de Signos.

*Confederación  ANPAS GALEGAS   somos as Federacións de ANPA de: Cangas do Morrazo, Comarcas Condado-Paradanta e Louriña, Federación Galega “Compostela”, Provincial da Coruña “Costa da Morte”, FerrolTerra, Provincial de Lugo, Val Miñor e Vigo

Os webinar realizanse mediante Hangouts Meet, e poden asistir 240 persoas. Tras a exposición de cada participante haberá un turno de preguntas por chat que o moderad@r leerá as/os poñetes.

Como funciona.

Hangouts Meet e moi doado de usar:

Se o fas dende un PC simplemente precisamos ter instalado Google Chrome ou Mozilla Firefox, e accedemos á ligazón da webinar.

Se o facemso dende un móbil ou tablet hai que ter instalada a APP de Meet. Ou a buscamos na tenda de APPs ou premendo na ligazón se non temos á aplicación abrirá a tenda de APPs e indicaranos que a instalemos.

Se tedes algunha dúbida tentaremos resolvela en: tic@foanpas.com

Nova forma de acceder.

Pensando nas persoas que tñen tarifas de datos limitadas, escasos dispositivos ou problemas para acceder a internet, habilitamos un novo xeito de participación nos Webinars, mediante chamada telefónica.

Este acceso non ten custo se se dispón dunha tarifa plana de voz, podese facer dende un móbil ou dende un fixo.

Hai aque chamar ao número que se indica en cada webinar, e pedirá un PIN, que se indica tamén nos datos de difusión do webinar, tras o PIN pulsamos # e xa podemos escoitar. Por defecto estaremso muteados, ou sexa non se nos escoitará, se queremos participar, basta con premer *6.

Máis información técnica, contactar con: tic@foanpas.com

Futuros Webinars.

En breve contaremos coa presenza de:

  • Iganico Crespo, falandonos do COVID 19 dende o punto de vista científico. Xoves 14 de Maio.
  • Nacho Calderón.
  • Alejandro Calleja.
  • Etc.

Estamos tentando pechar un elenco variado de charlas. A nosa idea e relizar unha por semana nas vindeiras 12 semanas.

Organización.

Todo isto e posible grazas o traballo do persoal técnico da federación, á implicación d@s voluntari@s que a conforman e ao convenio co Concello de Vigo:

E a aportación tecnolóxica de Google mediante o seu programa de Google Nonprofit: