Charla-coloquio: “Educación inclusiva: do dereito a realidade”

Charla-coloquio: “Educación inclusiva: do dereito a realidade”

CANCELADO ATA NOVO AVISO

O sábado 14 de Marzo queremos convidarvos no Verbum de Vigo (Avenida de Samil, 17) a esta charla coloquio da man de Alejandro Calleja, pai de Rubén e activista defensor da #educacioninclusiva e a inclusión como proxecto de vida.

Alejandro contará a loita legal que a súa familia levou a cabo para obter o recoñecemento real e efectivo do dereito a educación de todas as persoas nas mesmas institución públicas, expoñendo os pasos a dar para iniciar o procedemento legal e de cara ao Comité sobre os defeitos das persoas con Discapacidade das Nacións Unidas.

Contaremos cun servizo de ludoteca para crianzas de 3 a 12 anos (previa inscrición) e cun servizo de intérprete de lingua de signos.

#contoxscomotodxs, #educacioninclusiva, #seguimos