Skip to content

CEREBRO E ADOLESCENCIA

CEREBRO E ADOLESCENCIA

Cando: XOVES 30 DE MAIO DE 2024

Hora: 16:30 h

Onde: IES ALEXANDRE BÓVEDA (Rúa Cuntis S/N, Vigo)

Moitas familias temen a chegada da adolescencia coma se fose unha terrorífica etapa pola que todas están asustadas por vivir. Pero que pasaría se coñeceramos mellor como traballa o cerebro adolescente e como o seu funcionamento explica a maioría de comportamentos que observamos na mocidade?

Ter máis coñecemento sempre desemboca en máis posibilidades de empoderamento para todos e todas. Non se trata de loitar contra elas e eles, senón de aproveitar as súas fortalezas e entender a transición que viven para acompañarlles na construción dunha personalidade forte para unha vida adulta.

A actividade será impartida pola pedagoga María Couso.

Prazas limitadas.

Inscricións: foanpas@foanpas.com ou no 986 29 88 12