#AQUÍTAMÉNSEFALA (https://aquitamensefala.com/) É UNHA CAMPAÑA DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DA MOCIDADE ESTUDANTIL, CON ACCIÓNS DIRECTAS NOS BARRIOS E NA CONTORNA INMEDIATA DE CADA ALUMNO.
UN PROXECTO QUE COMEZOU NO IES RAFAEL DIESTE DA CIDADE DA CORUÑA E QUE AGORA SE ESTENDE POR CENTROS DE TODO O PAÍS!
ADEMAIS, #AQUÍTAMÉNSEFALA PON ESPECIAL ATENCIÓN Á MÚSICA E Á CULTURA GALEGA REALIZANDO GRAVACIÓNS E ENTREVISTAS QUE SE DIVULGAN NAS REDES SOCIAIS.
QUEREMOS RACHAR COS PREXUÍZOS QUE PRETENDEN DAR UNHA IMAXE DISTORSIONADA DUNHA SUPOSTA GALIZA QUE NON FALA GALEGO. OU DE QUE NO MUNDO DA EMPRESA NON SE USA, NIN NOS BARRIOS, NIN NAS VILAS… E PARA ACABAR CON ESTAS MENTIRAS EXERCEMOS COMO TÉCNICOS/AS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA.
A TAREFA É DOADA, E PODES AXUDAR: ENTRAMOS NUN LOCAL, PREGUNTAMOS SE PODEMOS POÑER UN CARTAZ DO INSTITUTO PARA FOMENTAR O USO DO GALEGO E EXPLICAMOS QUE SE DARÁ PUBLICIDADE DESDE AS REDES SOCIAIS. POR ISO É PRECISO FACER UNHA FOTOGRAFIA DO ESTABLECEMENTO ONDE SE VEXA O CARTAZ. MELLOR AÍNDA SE SAE ALGUNHA PERSOA AGUANTANDO O PÓSTER:
INICIATIVA CULTURAL E DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA PROMOVIDA POLO IES RAFAEL DIESTE (A CORUÑA) COA COLABORACIÓN DOS SEGUINTES IES DA NOSA CIDADE :
- IES A GUÍA.
- IES ALEXANDRE BÓVEDA.
- IES ÁLVARO CUNQUEIRO.
- IES DE BEADE.
- IES CARLOS CASARES.
- IES CASTELAO.
- IES CORUXO.
- IES DO CASTRO.
- IES ROSAIS 2.
- IES POLITÉCNICO.
- IES REPÚBLICA ORIENTAL DO URUGUAI.
- IES SANTA IRENE.
- IES VALADARES.