Aviso Legal:
Identificación do prestador de servizos da sociedade da información
Coa finalidade de dar cumprimento ao artigo 10 da Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, informamos ó usuario dos nosos datos:
Denominación Social: FEDERACIÓN OLÍVICA DE ASOCIACIÓNS DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS/AS DE VIGO E COMARCA
Nome Comercial: FOANPAS
Domicilio Social: Rúa da Nogueira, Nº8 – 36204 – VIGO (PONTEVEDRA)
NIF: G-36.743.946
Teléfono: 986.298.812
E-mail: foanpas@foanpas.com
Datos rexistrais: Inscrita no Rexistro Provincial de Asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia, co número 2004/000131-2ª
Páxina Web: foanpas.com
Obxecto
O prestador, responsable do sitio web, pon a disposición dos/as Usuarios/as o presente documento co que pretende dar cumprimento ás obrigacións dispostas na Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI-CE), así como informar a tódolos/as usuarios/as do sitio web respecto a cales son as condicións de uso do sitio web.
Toda persoa que acceda a este sitio web asume o papel de usuario/a, comprometéndose á observancia das disposicións aquí dispostas, así como a cualquera outra disposición legal que fora de aplicación.
O prestador resérvase o dereito a modificar cualquera tipo de información que puidera aparecer no sitio web, sin que exista obriga de preavisar ou pór en coñecemento dos/as usuarios/as ditas obrigacións, entendéndose como suficiente coa publicación no sitio web do prestador.
Responsabilidade
O prestador exímese de calquera tipo de responsabilidade derivada da información publicada no seu sitio web, sempre que esta información fose manipulada ou introducida por un terceiro alleo ao mesmo.
Neste sitio web é posible que haxa ligazóns a contidos de terceiros sitios web. Dado que o prestador non pode controlar sempre os contidos introducidos polos terceiros nos seus sitios web, este non asume ningún tipo de responsabilidade respecto ós devanditos contidos. En todo caso, o prestador manifesta que procederá á retirada inmediata de calquera contido que puidese contravir a lexislación nacional ou internacional, a moral ou a orde pública, procedendo á retirada inmediata da redirección ao devandito sitio web, poñendo en coñecemento das autoridades competentes o contido en cuestión.
O prestador non se fai responsable da información e contidos almacenados, a título enunciativo pero non limitativo, en foros, chats, xeradores de blogues, comentarios, redes sociais ou calquera outro medio que permita a terceiros publicar contidos de forma independente na páxina web do prestador.
Neste sitio web adoptamos as medidas de seguridade pertinentes para garantir a confidencialidade, integridade e dispoñibilidade da información. Utilizamos o protocolo HTTPS (SSL) para establecer un canal seguro de comunicación entre o servidor e o usuario para o envío dos seus datos persoais. Prestar ese servizo a través dun servidor seguro supón garantir a confidencialidade da información que se intercambia entre o ordenador do usuario e o devandito servidor, xa que entre ambos establécese unha conexión cifrada, que imposibilita o acceso de terceiros á información enviada. Neste sitio web foi revisado e probado para que funcione correctamente. En principio, pode garantirse o correcto funcionamento os 365 días do ano, 24 horas ó día. Con todo, o prestador non descarta a posibilidade de que existan certos erros de programación, ou que acontezan causas de forza maior, catástrofes naturais, folgas, ou circunstancias semellantes que fagan imposible o acceso á páxina web.
Propiedade Intelectual e industrial
Este sitio web (incluíndo a título enunciativo pero non limitativo a súa programación, edición, compilación e demais elementos necesarios para o seu funcionamento), os deseños, logotipos, texto e gráficos son propiedade do prestador ou no seu caso dispón de licenza ou autorización expresa por parte dos autores. Tódolos contidos do sitio web atópanse debidamente protexidos pola normativa de propiedade intelectual e industrial, e no seu caso inscritos nos rexistros públicos correspondentes.
Independentemente da finalidade para a que fosen destinados, a reprodución total ou parcial, uso, explotación, distribución e comercialización dos contidos deste sitio web, require en todo caso a autorización escrita previa por parte do prestador. Calquera uso non autorizado previamente por parte do prestador será considerado un incumprimento grave dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial do autor.
Os deseños, logotipos, texto e/ou gráficos alleos ó prestador e que puideran aparecer no sitio web, pertencen aos seus respectivos propietarios, sendo eles mesmos responsables de calquera posible controversia que puidera suscitarse respecto aos mesmos.
O prestador recoñece a favor dos seus titulares os correspondentes dereitos de propiedade industrial e intelectual, non implicando a súa sola mención ou aparición no sitio web a existencia de dereitos ou responsabilidade algunha do prestador sobre os mesmos, como tampouco respaldo, patrocinio ou recomendación por parte do mesmo. Para realizar calquera tipo de observación respecto a posibles incumprimentos dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial, así como sobre calquera dos contidos do sitio web, pode facelo a través do correo electrónico ou teléfono indicados no apartado de identificación do prestador deste aviso legal.
Veracidade da información e menores de idade
Toda a información que facilita o Usuario ten que ser veraz. A estes efectos, o Usuario garante a autenticidade dos datos comunicados a través dos formularios para a suscrición dos Servizos. Será responsabilidade do Usuario manter toda a información facilitada ao prestador, permanentemente actualizada de forma que responda, en cada momento, á súa situación real. En todo caso, o Usuario será o único responsable das manifestacións falsas ou inexactas que realice e dos prexuízos que cause ao prestador ou a terceiros. En canto ó uso dos servizos deste sitio web, os menores de idade teñen que obter sempre previamente o consentimento dos pais/nais, titores/as ou representantes legais, responsables últimos de tódolos actos realizados polos menores ó seu cargo. A responsabilidade na determinación de contidos concretos ós cales acceden os menores corresponde a aqueles, é por isto que se acceden a contidos non apropiados por Internet, teranse que establecer nos seus ordenadores mecanismos -en particular programas informáticos, filtros e bloqueos- que permitan limitar os contidos dispoñibles e, a pesar de que non sexan infalibles, son de especial utilidade para controlar e restrinxir os materiais ós que poden acceder os menores.
Condicións de acceso e uso
O acceso a este sitio web é libre e gratuíto para o Usuario, quen se compromete a utilizar este sitio web de conformidade á lei e ó presente aviso legal, así como á moral e ós bos costumes. Para ese efecto, o Usuario absterase de utilizar a páxina con finalidades ilícitas ou prohibidas, lesivas de dereitos e intereses de terceiros, ou que de cualquera forma poidan danar, inutilizar, sobrecargar, deteriorar ou impedir a normal utilización de equipos informáticos ou documentos, arquivos e toda clase de contidos almacenados en calquera equipo informático do prestador. En particular, e a título indicativo pero non exhaustivo, o Usuario comprométese a non transmitir, difundir ou poñer a disposición de terceiros, informacións, datos, contidos, mensaxes, gráficos, debuxos, arquivos de son ou imaxe, fotografías, gravacións, software e, en xeral, calquera clase de material que:
(a) sexa contraria, desprece ou atente contra os dereitos fundamentais e as liberdades públicas recoñecidas constitucionalmente, en tratados internacionais e outras normas vixentes;
(b) induza, incite ou promova actuacións delituosas, denigrantes, difamatorias, violentas ou, en xeral, contrarias á lei, á moral e á orde pública;
(c) induza, incite ou promova actuacións, actitudes ou pensamentos discriminatorios por razón de sexo, raza, relixión, crenzas, idade ou condición;
(d) sexa contrario ó dereito á honra, á intimidade persoal ou familiar ou á propia imaxe das persoas;
(e) de calquera maneira perxudique á credibilidade do prestador ou de terceiros; e
(f) constitúa publicidade ilícita, enganosa ou desleal.
Lei Aplicable e Xurisdición
Para a resolución de tódalas controversias ou cuestións relacionadas co presente sitio web ou das actividades nel desenvolvidas, será de aplicación a lexislación española, á que se someten expresamente as partes, sendo competentes para a resolución de tódolos conflitos derivados ou relacionados co seu uso, los Xulgados e Tribunais do domicilio do responsable deste sitio web.