Seguindo as nosas premisas dos dous anos anteriores e segundo a Lei 19/2013 de 9 de Decembro, sobor da transparencia, acceso a información e bo goberno referíndose concretamente o seu artigo 3, expoñemos nesta entrada as aportacións de subvenciones públicas superiores os 100.000 € e tamén exporemos gráficamente o desglose de Ingresos, Gastos Totais e Gastos vencellados o Convenio co Concello de Vigo 2020. Así as seguintes Resolucións ou Convenios:
ANO 2020
- CONVENIO CO CONCELLO DE VIGO 2020
- AXUDAS DESTINADAS O COFINANCIAMENTO DOS SERVIZOS DE COMEDOR ESCOLAR XESTIONADOS POLAS ANPAS DOS CENTROS PÚBLICOS NON UNIVERSITARIOS DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE DA XUNTA DE GALICIA
- AXUDAS PARA A FINANCIACIÓN DE ACTIVIDADES DAS CONFEDERACIÓNS E FEDERACIÓNS DE ANPAS DOS CENTROS PÚBLICOS NON UNIVERSITARIOS DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE DA XUNTA DE GALICIA
- RESOLUCIÓN DA SECRETARIA XERAL DE IGUALDADE PARA AXUDAS DESTINADAS A FINANCIAR ACTIVIDADES DA PROMOCIÓN DE IGUALDADE E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO PARA ANPAS DOS CENTROS EDUCATIVOS DE GALICIA
Exposición gráfica dos Ingresos, Gastos de FOANPAS 2020

A continuación expoñemos a gráfica dos Gastos Totais de Foanpas 2020 (tendo en conta que os comedores escolares da rede de Foanpas remataron o día 13 Marzo de 2020, eiquí se teñen en conta tódolos gastos desde Setembro 2019 ata o 13 de Marzo 2020)

Por outra banda facemos una exposición gráfica dos gastos por capítulos da partida de Autoxestión do Convenio co Concello de Vigo 2020

ANO 2021
- CONVENIO CO CONCELLO DE VIGO 2021.
- AXUDAS DESTINADAS O COFINANCIAMENTO DOS SERVIZOS DE COMEDOR ESCOLAR XESTIONADOS POLAS ANPAS DOS CENTROS PÚBLICOS NON UNIVERSITARIOS DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE DA XUNTA DE GALICIA.
- AXUDAS PARA A FINANCIACIÓN DE ACTIVIDADES DAS CONFEDERACIÓNS E FEDERACIÓNS DE ANPAS DOS CENTROS PÚBLICOS NON UNIVERSITARIOS DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE DA XUNTA DE GALICIA.
- RESOLUCIÓN DA SECRETARIA XERAL DE IGUALDADE PARA AXUDAS DESTINADAS A FINANCIAR ACTIVIDADES DA PROMOCIÓN DE IGUALDADE E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO PARA ANPAS DOS CENTROS EDUCATIVOS DE GALICIA.


ANO 2022
RESUMO DOS INGRESOS E OS GASTOS NO EXERCICIO ECONÓMICO 2022
Co obxectivo de dotar de transparencia á actividade da FOANPA a través da adecuada asignación dos recursos recibidos, faise un desglose das fontes de financiamento e os gastos da federación ó longo do ano 2022.
Non pretende ser unha memoria exhaustiva e pormenorizada, senón un breve resumo da xestión apoiándose en gráficos explicativos.
INGRESOS
FOANPAS obtén recursos principalmente por medio de subvencións de administracións públicas, e en menor contía por outras fontes, como se amosa na gráfica que segue e se explica brevemente a continuación do mesmo:
CONVENIO DE COLABORACIÓN CO CONCELLO DE VIGO
O pago de esta axuda estructurouse a través de 3 prazos, do seguinte xeito:
1º prazo: 200.000,00€
2º prazo: 203.019,65€
3º prazo: 203.019,66€
RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE DA XUNTA DE GALICIA para as axudas destinadas ó financiamento de actividades de promoción da Igualdade e prevención da violencia de xénero, por parte das anpas dos centros educativos.
Cabe destacar que no exercicio 2022 recibíronse os pagos correspondentes ó segundo prazo da devandita axuda correspondente o exercicio 2021, cun importe de 1.500,00€ e o primeiro prazo correspondente ó presente exercicio cunha contía de 4.500,00€.
INGRESOS CORRESPONDENTES Ó COBRO DO RAPPEL APLICADO POLAS EMPRESAS DE CATERING Alimentación Saldudable Gallega, S.L. e Calidus Catering Services, S.L. fornecedoras dos servizos de comedor escolar das anpas dos centros educativos, cuxos importes veñen expresados na gráfica.
INGRESO CORRESPONDENTE Ó COBRO DA COTA ANUAL DAS ANPAS FEDERADAS.
Por último, hai que facer mención ó ingreso correspondente á participación de FOANPAS no Festival Internacional de Cine Andaina, coa obtención dun premio valorado en 250,00€.
É importante destacar o feito de que as dúas subvencións seguintes:
- AXUDA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE DA XUNTA DE GALICIA destinada ó financiamento das actividades das confederacións e federacións de Anpas de centros públicos non universitarios.
- AXUDA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE DA XUNTA DE GALICIA, destinada ó cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas anpas dos centros públicos non universitarios.
Foron ingresadas no exercicio 2023 aínda que lles correspondería telo feito no ano ó que se refire o informe, sumando entre elas un total de 162.662,58€ o cal variaría sustancialmente o balance de dito ano.
GASTOS
A FOANPA fai unha distribución dos ingresos referidos na sección anterior dun xeito racional e proporcional ás necesidades de xestión ó longo do exercicio.
A continuación amósase gráficamente a distribución de gastos no ano 2022.


