FOANPAS é a Federación Olívica de Asociacións de Nais e País de Alumnos de Vigo e comarca, que nace coma tal no ano 1992. É unha entidade sen ánimo de lucro constituida ó abeiro da Lei Orgánica 1/2002, de 22 de Marzo. Na actualidade FOANPAS está constituida por 72 ANPAS asociadas e pertencentes o Ensino Público de diferentes etapas do mesmo (EEI, EIM, CEIP, CEP, IES, CIFP, FP e CEE) da zona de Vigo e a súa bisbarra.
PRINCIPIOS
- Conquerir un ensino público de alta calidade gratuito que desenvolva a personalidade humana no respeto aos principios democráticos e as liberdades fundamentais, centrado no país e aberto ao mundo, querendo formar no respeto do pluralismo e da convivencia.
- Principio de autonomía dos seus asociados, a Federación respecta a autonomía dos asociados (as asociacións), aunque servindo de formadora nos seus aspectos de organización e xestión.
- Principio de Igualdade dos asociados, a Federación basease nun principio de igualdade de tódalas ANPAS que a compoñen.
- Liberdade de asociación de cada ANPA, libre e voluntaria.
- Principio de independenci, ninguna asociación ou direitivo pode utilizar a FOANPAS en defensa de intereses particulares e persoais ou con fins políticos. FOANPAS é independente de calquera organización política.
OBXECTIVOS XERAIS
- Coñecer a situación do ensino público
- Representar e defender as ANPAS federadas e os seus intereses
- Colaborar coas administracións e autoridades competentes nesta matería (Consellería de Educación da Xunta de Galicia, Concellalía de Educación do Concello de Vigo, e outros concellos do seu ámbito) participando en tódolos organismos e consellos
- Fomentar a creación de Consellos escolares municipais
- Potenciar e coordinar os esforzos de todalas ANPAS que pertencen a FOANPAS
- Potenciar a formación das ANPAS, e acadarlles as máximas ferramentas para que poidan desenrolar as súas funcións mediante servizos mancomunados ou comúns (Xestión administrativa dos seus socios, Comunicación cos seus asociados, Seguros Responsabilidad Civil, LOPD, rede de comedores escolares en EEI, EIM e CEIPS, aulas matinais e actividades extraescolares).
- Cumprir a lexislación vixente en materia de transparencia económica e rendición de contas ante os seus asociados.
- Asociarse con outras federacións a nivel autonómico, estatal e europeo, sempre que teñan a mesma natureza e fins.
- Promover toda clase de actividades culturais e formativas que sirvan para potenciar a ormación integral dos nenos e nenas e dos país e as nais.
- Concebir a lingua e cultura de Galicia como o xeito de sermos e estarmos os galegos no mundo e eixo vertebrador dun ensino de calidade.
- Potenciar a participación das nais e país nos Consellos escolares e a colaboración franca e estreita cos equipos directivos dos centros, na procura dun ensinompúblico de alta calidade.
ORGANIZACIÓN
Para acadar todo elo FOANPAS ten un órgano lexislativo, democrático e principal que é a Asamblea Xeral formada por todos aqueles representantes de cada unha das ANPAS que a forman. A Asamblea Xeral elixe o órgano de goberno de FOANPAS de entre os seus asociados (que terán que pertencer con vixencia a súa ANPA) que é a XUNTA DIRECTIVA (Xunta Directiva actual) . A Xunta Directiva é un órgano colexiado no que a Asamble Xeral delega a xestión diaria e o goberno de FOANPAS. A Xunta Directiva estará obrigada a facer al menos dous Asambleas Xerais Ordinarias o ano (principio e fin de curso) e o número de Asambleas Xerais Extraordinarias que considere oportunas para pedirlle opinión e aprobación a Asamblea Xeral de temas relevantes para a vida e o goberno de FOANPAS.
A Xunta Directiva de FOANPAS estará composta por un número mínimo de membros imprescindibles (que deben ser membros de algunha ANPA asociada) :
- President@
- Vicepresident@
- Secretari@
- Tesoreir@
- Nº de vogais ilimitado
Xunta Directiva actual (elexida por Asamblea Xeral en Decembro do ano 2018):
Apobración rexistro asociacións nova directiva 20182019 23 012019
O mandato da Xunta Directiva de Foanpas terá un período de vigor de dous anos e os membros poden ser revocados pola Asamble Xeral. Os cargos da Xunta Directiva non serán remunerados, sen prexuizo do dereito de reembolso dos gastos ocasionados durante actuacións propias do seu mandato ou na representación de FOANPAS.
Ademais en FOANPAS existen catro traballador@s que realizan a súa laboura para que a Federación poida acadar os seus obxectivos:
- 2 administrativos, una persoa a tempo completo e outra a tempo parcial.
- 1 pedagoga. Xornada completa
- 1 técnic@ de comedores que fai funcións de control de calidade, auditoría e seguimento das problemáticas alimentarias e de convivencia nos Comedores escolares da rede de Foanpas. Xornada parcial.