Xa levamos moitos días de confinamento obrigado pola COVID-19 e non deixamos de recibir cada día noticias do que está a significar o peche de centros educativos e a paralización do tecido empresarial. Esta nova realidade que nos está a tocar vivir pon de manifesto, unha vez máis, as tremendas desigualdades e fendas existentes dentro da sociedade galega.
Fendas dxs que temos o privilexio de vivir nunha casa por onde movernos comodamente, dxs que teñen que vivir confinadxs nun espazo moi reducido sin case poder ver o ceo. Fendas entre as familias que temos unha boa convivencia das que malviven entre o maltrato de xénero e/ou violencia intrafamiliar. Fendas dxs que non perderon os seus traballos e están teletraballando dxs que, do día para a mañá, quedamos sin ningún tipo de ingresos e sin saber durante canto tempo. Desigualdades dxs que temos o privilexio de ter papeis en regra, dxs que escapando ás veces dunha morte segura, teñen que vivir ás agachadas para non seren expulsadas do noso país. Desigualdades do diferente de vivir na cidade ou no rural, que se traduce en ter ou non boa calidade de internet, e polo tanto acceso a contidos e clases virtuais cas que seguir aprendendo… E no medio de todas estas desigualdades e fendas, as nosas crianzas e mozxs.
Como se vivirá sendo tan novx estando no medio destas desigualdades e/ou violencias? Sentir que es vítima do fado que te colocou nesa familia e nesas situacións?. Agora imaxinemos que esta crianza ou mozx ten que convivir ademais ca ridiculización, rexeitamento e desprezo da familia ca que ten que convivir todo o día, polo feito de ser LGTBI+. Sodes quen de imaxinalo? Ten que ser horrible. Pode existir unha dor máis grande que a do rexeitamento de quen se supón que debe quererte e protexerte incondicionalmente?
Desde ARELAS coñecemos moi ben estas realidades. Cada certo tempo chega algún/ha mozx trans pedindo axuda, información e/ou acompañamento porque as súas familias non queren recoñecer a súa verdadeira identidade. Menores que relatan vivencias de moita dor e sufrimento por non teren apoio das súas familias. Situacións que calquera persoa adulta entendería como maltrato psicolóxico. Ás veces mesmo relatan feitos de maltrato físico. Algo difícil de asumir na nosa sociedade, e no noso tempo.
Para nós, e sendo que falamos de menores, non é sinxelo actuar nestes casos, porque por riba de todo está a elección dx menor, que acotío trata de xustificar e tapar o comportamento da súa familia, non autorizándonos a comunicar estes feitos ás autoridades competentes. É evidente que o amor e a xenerosidade destxs mozxs non é merecida por estas familias. Aínda así, recorremos aos centros educativos para tratar entre todxs de mediar cas familias. Ás veces incluso somos quen de logralo.
Son crianzas e mozxs que ante o desprezo e rexeitamento familiar e, ás veces social, constrúen un armario no que meterse ou unha armadura na que protexerse da dor que supón que a túa familia non entenda cal é a túa verdadeira identidade e/ou orientación sexual.
Nos últimos anos, estamos observando como a escola está funcionando de soporte vital destxs mozxs, atopando en gran parte do seu profesorado e compañeirxs de aula, persoas cas que abrirse e das que recibir empatía, comprensión e acompañamento. Atopan nos centros educativos, espazos seguros e de certa liberdade que, por unhas horas ó día, lles permite ser realmente quen son, sin armarios nin armaduras. Moitxs teñen tamén un grupo reducido de amigxs que terminan sendo a familia que escollen e cas que comparten as mesmas vivencias de discriminación e rexeitamento familiar. Adoita suceder, que xs que son apartadxs cara as marxes, terminan atopándose.
O coronavirus e os confinamentos obrigados quitáronlles todo isto, levando por diante todo indicio de felicidade e liberdade. E está provocando que moitos menores trans, que xa sofren unha ansiedade xeneralizada pola reclusión, vivan situacións de discriminacións ó non ser aceptada a súa condición sexual ou de xénero. Se non podes desenvolverte libremente, veste obrigado a manter unha mentira para poder sobrevivir.
Cando falo con algún/ha familiar dun/ha menor trans que está poñendo impedimentos á/ao súa/seu fillx para vivir libremente a súa identidade, ou cando falo con algún/ha orientadxr/a ou titxr/a dun centro que tivo a demanda dun/ha menor trans para activar o Protocolo educativo de Identidade de Xénero, sempre piden tempo: tempo para asimilar, tempo para entender, tempo para se informaren, tempo para facer o dó… Tempo.
Non deixa de ser sorprendente a capacidade de resiliencia destxs mozxs trans que ademais de non seren apoiadxs, atopan por riba diso a petición constante de tempo, paciencia, resistencia, aguante…: “aguanta un pouco máis”, “dame máis tempo”, “tes que esperar”, adoitan escoitar. Moitxs delxs xa perderon a infancia e unha parte importante da adolescencia. Esperar a que? Canto tempo máis?
Desde que comezou o estado de alarma, a Consellería de Educación ditou unha serie de instrucións e directrices ao profesorado tendentes a seguir enviando tarefas e contidos, e a buscar o xeito máis idóneo de seguir avaliando ao alumnado. Pero onde están as directrices tendentes a facer un seguimento do que poden estar pasando moitxs menores con situacións familiares moi complexas? Onde o seguimento do resto de administracións competentes?
Cando estás fartx de agardar, e ves que este confinamento implica seguir agardando máis (sen saber moi ben a que); cando sentes que quen te debe entender e querer incondicionalmente non o fai; cando ninguén atende as túas demandas e necesidades vitais; cando sentes que o profesorado só manda tarefas e se esquece da parte emocional, o verdadeiramente importante; cando non tes un mínimo de soporte social e profesional co que poder afrontar toda esta situación… como se pode por atención e interese nos estudos?
É evidente que este confinamento está levando a estas crianzas e mozxs trans, e en xeral a moitxs mozxs LGBQ+, a un estado de enorme vulnerabilidade, porque as situacións de crise sempre golpean con maior forza ás minorías que parecen non contar para as Administracións Públicas. Afectan con intensidade á diversidade en todas as súas manifestacións.
É unha mágoa que con todo o acceso á información e recursos accesibles na actualidade, existan familias que non garantan axs sexs fillxs un mínimo espazo de seguridade e liberdade. Oxalá todas estas familias recapaciten antes de que sexa tarde. Mais a Consellería de Educación e toda a comunidade educativa non poden esquecerse do prioritario para calquera persoa trans: ver recoñecida a súa identidade. Non se deben esquecer daquelxs que non teñen voz porque foi silenciada pola incomprensión e o desprezo.
As familias de ARELAS seguiremos cubrindo o baleiro que as administracións deixan nestes casos, sin o apoio nin recoñecemento suficiente. Seguiremos facendo unha labor de acompañamento e recoñecemento de quen non ten soporte familiar. Seguiremos adiante ca campaña de apoio social #Libresnacasa, tratando de levar un pouco de esperanza e agarimo aos seus fogares. Seguiremos visibilizando e denunciando as realidades de moitxs mozxs trans para que sexan coñecidas. Seguiremos.
Non permitamos que ningunha crianza e mozx quede atrás. É a nosa responsabilidade.