O noso sistema educativo é, de seu, clasista. Non hai máis que comprobalo a través dos datos que nos ofrecen as avaliacións e informes que periodicamente se realizan ao respecto, procedentes tanto de organismos estatais como internacionais. Esta situación de fenda por clase social pódese acentuar aínda máis neste momento debido á suma de múltiples factores e as súas sinerxías. Carencias de recursos tecnolóxicos, de apoio familiar por falta de formación académica, ou pola situación de estrés emocional que de seguro afecta tamén de forma intensa á nosa poboación en idade escolar. Factores todos eles que se agravan neste momento precisamente segundo a clase social de pertenza, ao sumárselle a ese estrés situacións de paro, precariedade ou falta de espazo nas vivendas, por exemplo.
Por isto, a pretensión, xa de por si un tanto ilusoria en circunstancias normais, de avaliar o alumnado de forma equitativa é, nestas extraordinarias circunstancias de confinamento, particularmente difícil por non dicir outra cousa.
O CEE afirma que se debe conseguir que ningún alumno ou alumna quede atrás polocoronavirus. Tamén afirma que ninguén se pode quedar atrás como consecuencia dediscriminación socio económica. Parece que se pretende ignorar que iso xa é un feito,e que en ausencia dun traballo escolar presencial é de sentido común que a cousa vaiempeorar. Do contrario deberíase explicar con claridade que se vai facer para evitalo.Como é que se vai conseguir facer unha avaliación equitativa se o que propoñen é teren conta o realizado dende mediados de marzo nos fogares e a distancia. Ou sexa,tarefas escolares realizadas en condicións máis desiguais que as realizadas durante otempo escolar. Obviamente isto agravará a fenda por clase social.
No documento fálase moito de competencias básicas, de obxectivos, de aprendizaxes,de contidos … como se todo iso puidese ter lugar nunha dimensión abstracta deespazo e tempo. Nun momento tan extraordinario como este, no que vivimos unhaexperiencia tan intensa que para moitas persoas ten similitudes con un estado deguerra (comparación que certamente é desafortunada e impide ver con claridade aforma de afrontala e o horizonte) parece que o coñecemento escolar deba permaneceralleo a esta situación. O mundo está patas arriba pero a poboación en idade escolardebe continuar como se este tsunami non existira.
Realmente estamos diante dunha fonte de coñecemento inmensa, diversa e directa.Pero no acordo tomado polo CEE parece que non hai saber máis importante que aquelque a escola xa determinou nalgún momento como merecente de ser sabido. Vaia, oque ten que ver, por exemplo, con facer ecuacións ou quebrados, analizarcorrectamente unha oración ou repetir convenientemente os coñecementosadquiridos a través do libro. Competencias e obxectivos formulados na lei ou noproxecto educativo nun momento pretérito nunha situación “ideal”.
Pero seguramente unha das acusacións que se lle poden formular ao sistemaeducativo (o CEE forma parte do mesmo) é a súa pouca capacidade para conectar arealidade social na que vive o alumnado e as súas familias (cada unha coas súasparticularidades) con esas competencias, obxectivos e contidos. Non se ve nodocumento nada que poña en primeiro plano a cantidade de saberes que nestemomento está acumulando o noso alumnado, esas si que son competencias para avida. Non é esa acaso a principal función da escola?
Si recoñece o documento a iniciativa dos centros e a vantaxe de contar con autonomía.Se nos centramos nisto, a proposta podería ir no sentido de que esa autonomía einiciativa permitise facer as adaptacións curriculares de avaliación na liña da reflexióndo parágrafo anterior; propostas de avaliación que recollan a conexión dos saberesacadémicos co que pasa no mundo. De ser así seguro que se poderán facer propostassensatas para avaliar, nas que teñan cabida as circunstancias concretas de centros e dealumnado. É necesario pois, tal como se di no documento, que as autoridades actúencon flexibilidade e de modo construtivo, pero non só para favorecer esas novas formasde teletraballar, senón tamén para pór en marcha formas innovadoras de avaliar quenon deixen a ninguén atrás por carecer de recursos.
Neste momento non parece a mellor opción meter máis presión ás familias ealumnado, especialmente cando se está a ver que existe unha alta porcentaxe de“desconexión” e que aínda que non fose así permanecen outras desvantaxes, ou acasoo labor presencial pode ser substituído? Que ten de malo recoñecer que o sistema nonestaba preparado para esta situación? Por que non afrontalo dende a obxectividade efacer da necesidade virtude poñendo sobre a mesa propostas integradoras erecuperadoras para o curso vindeiro?
En definitiva, non é o momento de que algúns sectores aproveiten a vantaxe social deter os recursos, e pode que incluso a tranquilidade que dá a seguridade, para facermedrar a fenda sobre os máis vulnerables, proposta que están a defender asociaciónsda escola concertada e privada dentro do CEE. Pola contra, é un momento idóneopara pór en marcha proxectos e iniciativas que teñan como obxectivo prioritario ocoidado e a solidariedade, a educación emocional e afectiva. Sabemos ben que ascomunidades educativas contan hoxe cunha sensibilidade favorable a estes cambios eincluso unha formación que pode propicialos.