XESTIÓN ADECUADA DAS NOVAS TECNOLOXÍAS
Cando: XOVES 16 DE NOVEMBRO DE 2023
Hora: 17:00 H.
Onde: 5º ANDAR DA UNED – AULA 5.3
(Auditorio Mar de Vigo – Avenida de Beiramar 57, Vigo)
Inscricións: foanpas@foanpas.com ou 986298812.
A tecnoloxía forma parte do noso día a día, pero coñecemos os perigos da rede e o que supón facer un mal uso da tecnoloxía? Cales son as consecuencias deste mal uso? Con esta actividade ofreceremos información do que se move na rede e como afrontalo para non sufrir acoso e previlo nas nosas crianzas, ademais de dar ferramentas para facer un uso positivo das redes.
Será impartida por Raquel Graña Fernández (psicóloga experta en educación sexual e asesoramento) e Carlos Fernández Crespo (experto e educación sexual, intelixencia emocional e xestión de redes sociais).
*Actividade financiada coas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros públicos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. Secretaría Xeral de Igualdade, Ministerio de Igualdad e Pacto de Estado contra a violencia de xénero.