Do 15 ata o 22 de xuño, terá lugar o iN Vilagarcía de Arousa, un festival de fotografía de orixe portugués cunha longa traxectoria, iNstantes, con Preira Lopes como director ó fronte, e que por primeira vez ten unha edición en España, será na finca Fontán en Vilagarcía de Arousa con Teresa Charlín como coordinadora deste gran evento.
Neste festival aprticipa a nosa querida compañeira Paula Verde ( que forma parte da Xunta Directiva de Foanpas, cordiandora da comisión NEAE de FOANPAS, etc.), coas imáxees do libro “Reconocer a Diversidad”, do que é coautora xunto a Ignacio Carledón Almendros.
Dentro da programación o día 21 de xuño ás 20:30 no Salón García (Rúa do alcalde rey Daviña- Vilagarcía de Arousa) dará unha charla de presentación do proxecto exposto, unha recopilación de textos e imaxes extraídas do libro “Reconocer la Diversidad”, coa finalidade de difundir a cultura fotográfica e potenciar a fotografía como unha ferramenta de cambio de mirada cara á diversidade.
Magnífico blog de Paula Verde: MI MIRADA TE HACE GRANDE.