A pandemia e o confinamento expuxéronnos a una situación especial. Esta situación non foi un acontecemento puntual senón que se prolongou no tempo levándonos a romper de súpeto as nosas rutinas e plans, xerando moitas emocións creadas pola incerteza: sen saber qué vai pasar, canto tempo imos pasar así, qué pasará co noso traballo, cómo imos conciliar…Así como tamén o medo, a preocupación e a ansiedade. O medo é un valioso sinal que indica unha desproporción entre a ameaza que afrontamos e os recursos que temos para resolvela. É a incerteza en busca de seguridade. Nesta busca, o noso cerebro ponse en marcha para atopar posibles solucións e opcións. Cando estas solucións non se mostran, aparece a preocupación e a ansiedade (medo ao futuro), xerando así algúns efectos psicolóxicos e físicos como:
– Problemas de sono ou pesadelos.
– Problemas alimentarios. Cambios no apetito, niveis de enerxía e intereses.
– Dificultade para concentrarse e tomar decisións – Trastornos do comportamento.
– Problemas para socializar – Aumento das adiccións e hábitos tóxicos.
– Reaccións físicas como dores de cabeza, estómago e erupcións cutáneas.
– Depresión.
– Empeoramento dos problemas de saúde.
LIGAZÓN DO VÍDEO: https://youtu.be/lYBcxkwXYEI