Skip to content

“MACHITROL: PÍLULAS POLA IGUALDADE. O AMOR”.

“Machitrol: pílulas pola igualdade” é un programa que busca facer reflexionar de maneira crítica sobre o machismo que impera na sociedade e que condiciona o noso día a día. Pretende ser unha ferramenta para nais, pais e docentes que facilite o tratamento de diferentes temáticas.
Nesta pílula, o tema a tratar é o Amor. Mediante a interacción con imaxes e elementos audiovisuais, analizaranse con perspectiva de xénero o mito do amor romántico nas películas clásicas de Disney, a feminidade e a masculinidade nestes films, as relacións entre mulleres en Disney e a autoestima e bo trato.
Financiada coas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros públicos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero.
Secretaría Xeral de Igualdade, Ministerio de Igualdad e Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Ligazón subtitulado: https://youtu.be/vZaIOoAwAkE
Ligazón con lingua de signos: https://youtu.be/A7KIN6KvenE