Skip to content

FOANPAS aposta pola inclusión

Históricamente FOANPAS ben loitando pola inclusión. Ben coñecida e a actividade da comisión NEAE, todo un refente nesta loita, que segue traballando duramente e pondo pedriña a pedriña para lograr avances.

Nesta liña de inclusión, FOANPAS debe dar exemplo. Fai dous anos iniciamos un proxecto renovar a web de FOANPAS e dar un aspecto máis dinámico e actual, así como dotala de contido, non podíamos completar este proxecto sen facela inclusiva.

Ao longo deste 2020 as circunstancias sanitaria obrigaron a acelerar o proceso de dixitalización da Federarión, para poder seguir ofertando formación, manter o contacto e continuar coas actividades e as reinvidicacións.

Os proceso dixitalizador foi posible grazas ao traballo de diversos voluntari@s que permitiron reducir o custe económico e achegar os webinars, a nova web e inclusive as asamblea, probando formulas como as asambleas virtuais e inclusive o modelo mixto.

Pero todo isto tiña que avanzar cara a inclusión. Fixemos presente a ligua de signos nos webinars, estamos sognando todos os webinar e subindoos a nosa canle de YouTube:

Pero non so pensamos na formación, tamén pensamos no lecer para toda a familia, producindo contos inclusivos:

Formación, lecer, son piares necesarios para crecer como persoas, pero tamén temos que visibilizar outras realidades. Un xeito de chegar ao público xeral e producindo pequenos curtametraxes que visibilicen situacións reais que moito nos coñecemso ou pensamos. De ahi naceu o curto “Por ESO” en colaboración con IgualArte.

A nova web non podía quedar atrás, e fumos informándonos para ver como facela máis accesible. Para el contamos contamos con TextAId e a súa solución tecnolóxica WebReader.

  • Contenido web convertido en audio ao instante con voces sintéticas de calidad de ReadSpeaker webReader.
  • As ferramentas de lectura e traducción integradas permiten que todo o mundo poida leer e comprender o contenido dixital.
  • Pon o contenido a disposición dos que teñen problemas de alfabetización, dificultades de aprendizaxe, baixa visión, estudiantes de idiomas, persoas maior ou quen busc aun xeito máis sinxelo de acceder ao contido dixital.
  • Cun so clic, o texto da páxina lese voz alta a semade que reasalta o texto para podelo seguir.
  • A páxina vai avanzando automáticamente namentres se lee o texto.
  • Un menú emerxente permite que o texto seleccionado se poida escoitar, traducir ou consultar o diccionario.
  • A solución basease na nube, polo que non é preciso que o usuario descargue nada.
  • Pódese seleccionar un contido e descargalo directamente a Mp3 para escoitalo ainda sen conexión a internet.

Equipa FOANPAS.