OLLANDO AS ESTRELAS. UNHA HOMENAXE A ANTONIA FERRÍN
Cando: SÁBADO 14 DE NOVEMBRO DE 2020
Hora: 11:00 H.
Onde: FORMACIÓN ONLINE, WEBINAR con inscrición.
![](https://foanpas.com/web/wp-content/uploads/2020/11/OLLANDO-AS-ESTRELA-1-1024x576.jpg)
Será impartida por Polo correo do vento. Magnífica actividade con música e intérprete de lingua de signos para toda a familia. Con esta formación preténdese promover a lectura, a compresión oral en galego, o desenvolvemento da creatividade e a expresión artística favorecendo o coñecemento de mulleres galegas, invisibilizadas polo feito de ser mulleres. Nesta homenaxe a Antonia Ferrín descubriremos astronomía, o gusto pola lectura, viaxes intersiderais e moito humor.
Inscricións: foanpas@foanpas.com ou 986 29 88 12