En relación ao acontecido no IES Punta Candieira de Cedeira (A Coruña) dende FOANPAS queremos por de manifesto o noso sentimento. Non compartimos a retirada da exposición elaborada polo alumnado deste centro dentro da actividada programada pola equipa da biblioteca.
Tal e como argumenta o profesorado deste grupo, a retirada desta exposición en un martelazo á liberdade de expresión e a creación do alumnado, dereitos recollidos na Constitución e na lei educativa vixente (LOMCE).
Que valores transmite unha institución educativa con esta acción? Como estamos educando? Que sociedade queremos, unha reproductiva (borregos) ou unha creativa e construcitva? Este feito supón unha desmotivación para o alumnado participante. A reflexión que farán que non se respecta o seu traballo, que non paga a pena o esforzo entón, para que facer algo?
Precisamos persoas que sexan activas, cretaivas, que participen, que se mobilicen, que xestionen as súas emocións, que practiquen a cultura da non violenciam que teñan pensamento crítico. Temos que ser conscientes que educamos co exemplo, e todo o que facemos e dicimos, educa, polo que hai que pensar nas consecuencias que iso terá, máis nun contexto educativo.
Reflexionemos entón o que supón a retirada desta expsición, preguntémonos por que este poema. “Odio… odio… odio… odio… odio…” Que hai detrás destas verbas? Que nos queren dicir @s adolescentes que crearon este poema?
Non calemos ante situacións como esta, sexamos axentes activos na construción da sociedade. Unha sociedade da que tod@s temos moito que dicir e facer. Manifestémonos e deixemos que cadaquén se manifeste e construamos entro tod@s unha sociedade na que os piares sexan a convivencia, o respecto, o diálogo e a paz.
O noso apoio é equipa de docentes implicad@s que forman o grupo de traballo da biblioteca e a todo o alumnado que participou neste proxecto,