Skip to content

25 DE NOVEMBRO DE 2021: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

O día 25 de novembro de 2021, Día da eliminación da violencia contra a muller. Desde FOANPAS animámosvos a participar nesta actividade.
Como participar:
1. Saca unha foto co teu móbil.
2. Súbea a Facebook ou Instagram.
3. Antes de publicala entra en gifs e escribe foanpas.
4. Dos tres gifs desta temática escolle o que máis che guste.
5. Etiqueta a FOANPAS na publicación.
6. Publica a túa foto.
Actividade financiada coas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros públicos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero.
Secretaría Xeral de Igualdade, Ministerio de Igualdad e Pacto de Estado contra a violencia de xénero.