Skip to content

PORTAL TRANSPARENCIA ANO 2022

RESUMO DOS INGRESOS E OS GASTOS NO EXERCICIO ECONÓMICO 2022

Co obxectivo de dotar de transparencia á actividade da FOANPA a través da adecuada asignación dos recursos recibidos, faise un desglose das fontes de financiamento e os gastos da federación ó longo do ano 2022.

Non pretende ser unha memoria exhaustiva e pormenorizada, senón un breve resumo da xestión apoiándose en gráficos explicativos.

INGRESOS

FOANPAS obtén recursos principalmente por medio de subvencións de administracións públicas, e en menor contía por outras fontes, como se amosa na gráfica que segue e se explica brevemente a continuación do mesmo:

CONVENIO DE COLABORACIÓN CO CONCELLO DE VIGO

O pago de esta axuda estructurouse a través de 3 prazos, do seguinte xeito:

1º prazo: 200.000,00€

2º prazo: 203.019,65€

3º prazo: 203.019,66€

RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE DA XUNTA DE GALICIA  para as axudas destinadas ó financiamento de actividades de promoción da Igualdade e prevención da violencia de xénero, por parte das anpas dos centros educativos.

Cabe destacar que no exercicio 2022 recibíronse os pagos correspondentes ó segundo prazo da devandita axuda correspondente o exercicio 2021, cun importe de 1.500,00€ e o primeiro prazo correspondente ó presente exercicio cunha contía de 4.500,00€.

INGRESOS CORRESPONDENTES Ó COBRO DO RAPPEL APLICADO POLAS EMPRESAS DE CATERING Alimentación Saldudable Gallega, S.L. e Calidus Catering Services, S.L. fornecedoras dos servizos de comedor escolar das anpas dos centros educativos, cuxos importes veñen expresados na gráfica.

INGRESO CORRESPONDENTE Ó COBRO DA COTA ANUAL DAS ANPAS FEDERADAS.

Por último, hai que facer mención ó ingreso correspondente á participación de FOANPAS no Festival Internacional de Cine Andaina, coa obtención dun premio valorado en 250,00€.

É importante destacar o feito de que as dúas subvencións seguintes:

  1. AXUDA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE DA XUNTA DE GALICIA destinada ó financiamento das actividades das confederacións e federacións de Anpas de centros públicos non universitarios.
  2. AXUDA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE DA XUNTA DE GALICIA, destinada ó cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas anpas dos centros públicos non universitarios.

Foron ingresadas no exercicio 2023 aínda que lles correspondería telo feito no ano ó que se refire o informe, sumando entre elas un total de 162.662,58€ o cal variaría sustancialmente o balance de dito ano.

GASTOS

A FOANPA fai unha distribución dos ingresos referidos na sección anterior dun xeito racional e proporcional ás necesidades de xestión ó longo do exercicio.

A continuación amósase gráficamente a distribución de gastos no ano 2022.