Skip to content

Peche da Federación e dos comedores escolares da rede de FOANPAS.

A Xunta directiva de FOANPAS, reunida de Urxencía toma a decisión de pechar a Federación en consonancia coas recomendación emitidas polas autoridades e a decisión da Xunta de pechar os centros escolares.

A partir do luns 16 de Marzo a Federación atenderá por medios telemáticos as consultas necesarias: telefónicamente polas mañas no teléfono habitual ou en foanpas@foanpas.com

As xuntanzas previstas quedan suspendidas e tentaran realizarse por medios telemáticos com videoxuntanzas.

Os comedores da Rede de FOANPAS permaneceran pechados a partir do luns día 16 de Marzo e mentras duren as medidas dispostas pola Xunta.

A entrega de pregos do concurso de comedores para o catering da Rede FOANPAS serán entregados por correo electrónico ou solicitando cita telefónica polas mañas. Dependendo da evolución das medidas de contención, as datas fixadas nos pregos poden verse afectadas.

Todas estas medidas permaneceran activas mentres duren a orde de peche dos centros escolares.

Aproveitamso para facer un chamamento a seguir as recomendacións indicadas polas autoridades sanitarias.