“MACHITROL: PÍLULAS POLA IGUALDADE”. XOGUETES LIBRES DE ESTEREOTIPOS.

“Machitrol: pílulas pola igualdade” é un programa que busca facer reflexionar de maneira crítica sobre o machismo que impera na sociedade. Nesta pílula, xoguetes libres de estereotipos. Diferentes bonecos populares entre o alumnado, en formato guiñol, representan unha historia arredor dos xoguetes e as cores libres de estereotipos e dunha masculinidade e feminidade alternativas.
Financiada coas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros públicos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. Secretaría Xeral de Igualdade, Ministerio de Igualdad e Pacto de Estado contra a violencia de xénero.