Skip to content

FIGUEIRIÑAS QUE PRANTEI

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!!!
 
Magnífica actividade con música e intérprete de lingua de signos para toda a familia, maiores e crianzas. Con esta formación preténdese promover a lectura, a compresión oral en galego, o desenvolvemento da creatividade e a expresión artística favorecendo o coñecemento de mulleres galegas, neste caso Rosalía de Castro.
 
A actividade será impartida pola compañía Polo Correo do Vento.
 
Prazas limitadas.
Inscricións: foanpas@foanpas.com ou 986 29 88 12
 

Actividade financiada coas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros públicos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. Secretaría Xeral de Igualdade, Ministerio de Igualdad e Pacto de Estado contra a violencia de xénero.