DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, 11 DE FEBREIRO DE 2021

O 11 de febreiro é o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Na actualidade, mulleres e nenas atopan barreiras de diversos tipos, ás veces moi sutís, que impiden ou dificultan a súa presenza e acceso a ciencia.

O 15 de decembro do 2015 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 11 de febreiro como o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, convidando e instando a que sexan organizadas actividades educativas e de sensibilización de carácter público. O obxectivo é que estas actividades axuden e fomenten unha maior participación e motivación das mulleres e nenas na ciencia, normalizando a súa presenza como iguais.

Puede ser una imagen de una o varias personas y texto que dice "Día da Muller e da Nena na Ciencia, 11 de febreiro de 2021 Química INCENTIVANDO lar NA CIÊNCIA -F.O.- .N.P.A.S- Federación Olívica de Asociacións de Nais Pais de Alumnos de Vigo Comarca"

Queremos neste día visibilizar a infrarepresentación de mulleres nos campos científicos e denunciar como as nosas sociedades convencen ás nosas nenas de que non serven para segundo que carreiras profesionais. As cativas comezan a recibir estas negativas mensaxes desde moi pequenas, o que explica que menos dun terzo do persoal investigador sexan mulleres. Neste sentido, está amplamente estendida a falsa idea de que a existencia desta fenda obedece a cuestións biolóxicas que farían, por exemplo, que houbese diferentes capacidades entre as intelixencias dos nenos e das nenas.