CULTURA DE DIETAS, XÉNERO, GORDOFOBIA E LÍMITES

Abordaranse a gordofobia, o estigma de peso e a cultura de dietas como temáticas que atinxen á xustiza social e a cuestións de xénero. Ofreceranse estratexias para o establecemento de límites que nos permitan protexernos da violencia cara os nosos corpos.

Será impartida por Alba Cobo Gayoso, graduada en Tradución e Interpretación con certificación para dar formación sobre gordofobia, cultura de dieta e xénero, alimentación consciente e intuitiva e promoción da autoestima e confianza corporal en adolescentes.

Actividade financiada coas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros públicos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. Secretaría Xeral de Igualdade, Ministerio de Igualdad e Pacto de Estado contra a violencia de xénero.