O xoves 13 de Agosto de 2020 FOANPAS celebrou unha Asamblea Xeral Extraordinaria, median a modalidade mixta presencial no exterior do IME e on-line meadian Hangout-Meet para permitir a maior participación e garantir a seguridade sanitaria, tan precisas nestes tempos.
FOANPAS e FANPA veñen de publicar unha carta conxunta onde explican a súa postura sobre o protocolo de adaptación nos centros de ensino non universitario ao escenario da COVID-19 da Conselleria de Educación da XdG.
FOANPAS amosa a sua negativa de xestionar desta maneira as aulas matinais, comedor escolar e extraescolares, namentras a Conselleria de Educación non negocie coas Federacións de Anpas e aporte recursos para levalas adiante. A decisión final de FOANPAS a tomará a soberana Asamblea de FOANPAS.
As organizacións asinantes deste comunicado, a Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Vigo e Comarca, FOANPAS e a Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Centros Públicos da Provincia de Pontevedra, FANPA PONTEVEDRA, unha vez coñecida a proposta de Protocolo de adaptación ao contexto da COVID 19 nos centros de ensino non universitarios de Galicia para o curso 2020-21, queremos manifestar que as condicións sinaladas no citado protocolo respecto ao desenvolvemento dos comedores escolares e, por extensión, as aulas de madrugadores e actividades extraescolares, son completamente inasumibles por as asociacións sen ánimo de lucro que as organizamos e xestionamos polas seguintes razóns.
Benvidos a tódalas familias da Escola Pública de Vigo e Comarca a esta concentración –representación dunha aula COVID19 no próximo curso escolar segundo as directrices da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e de esta maneira poder reivindicar un protocolo de volta as aulas que poda garantir na medida do posible a seguridade e saude así como a convivencia dos nosos fillos e fillas e de tódola comunidade educativa nos centros escolares non universitarios.
Imos camiño do sexto Webinar , tras a intervención de Susana Pérez, Nacho Calderón e Alejandro Calleja , que nos falaron sobre inclusión, que en breve subiremos a nosa canle de YouTube, continuamos cun novo Webinar, o xoves 4 de Xuño as 18:30h. Con Carmén Ruiz Repullo, falaremos sobre igualdade, usando o curto de #REBOBINA, grabado por FOANPAS coa colaboración de Escola Municipal de Teatro.
Os webinar realizanse mediante Hangouts Meet, e poden asistir 240 persoas. Tras a exposición de cada participante haberá un turno de preguntas por chat que… Read More »Como funcionan os Webinars de FOANPAS.