superfoanpas

Carta COVID19 comedores aulas matinais e extraescolares Consellería de Educación Xunta de Galicia FANPA e FOANPAS

FOANPAS e FANPA veñen de publicar unha carta conxunta onde explican a súa postura sobre o protocolo de adaptación nos centros de ensino non universitario ao escenario da COVID-19 da Conselleria de Educación da XdG.

FOANPAS amosa a sua negativa de xestionar desta maneira as aulas matinais, comedor escolar e extraescolares, namentras a Conselleria de Educación non negocie coas Federacións de Anpas e aporte recursos para levalas adiante. A decisión final de FOANPAS a tomará a soberana Asamblea de FOANPAS.

As organizacións asinantes deste comunicado, a Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Vigo e Comarca, FOANPAS e a Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Centros Públicos da Provincia de Pontevedra, FANPA PONTEVEDRA, unha vez coñecida a proposta de Protocolo de adaptación ao contexto da COVID 19 nos centros de ensino non universitarios de Galicia para o curso 2020-21, queremos manifestar que as condicións sinaladas no citado protocolo respecto ao desenvolvemento dos comedores escolares e, por extensión, as aulas de madrugadores e actividades extraescolares, son completamente inasumibles por as asociacións sen ánimo de lucro que as organizamos e xestionamos polas seguintes razóns.

Read More »Carta COVID19 comedores aulas matinais e extraescolares Consellería de Educación Xunta de Galicia FANPA e FOANPAS

MANIFESTO CONCENTRACIÓN –PERFORMANCE DE FOANPAS FRONTE O PROTOCOLO EDUCATIVO NOS CENTROS EDUCATIVOS GALEGOS NA PANDEMIA DO COVID19

Benvidos a  tódalas  familias da Escola Pública de Vigo e Comarca a esta concentración –representación dunha aula COVID19 no próximo curso escolar segundo as directrices da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e de esta maneira poder  reivindicar un protocolo de volta as aulas que poda garantir na medida do posible a seguridade  e saude así como a convivencia dos nosos fillos e fillas e de  tódola comunidade educativa nos centros escolares non universitarios.

Read More »MANIFESTO CONCENTRACIÓN –PERFORMANCE DE FOANPAS FRONTE O PROTOCOLO EDUCATIVO NOS CENTROS EDUCATIVOS GALEGOS NA PANDEMIA DO COVID19