segue a FOANPAS en Facebook    segue a FOANPAS en Twitter    segue a FOANPAS en Youtube   

RUTAESCOLA no CEIP O POMBAL

RUTAESCOLA no CEIP O POMBAL

Dende a ANPA do CEIP O Pombal levan un curso escolar co proxecto da Ruta Escola auspiciada polo Concello de Vigo, e co apoio de tódala comunidade educativa, incluida FOANPAS, xa que a mesma favorece a autonomía persoal das crianzas, o seu autoreforzamento, a convivencia das familias e ademais e un apoio na loita fronte ó cambio climático xa que disuade os pais e nais de estar continuamente utilizando os seus coches particulares para pequenos traxectos. A iniciativa conta con voluntarios de apoio (pais, nais, avos, avoas) sen os que sería imposible botar a rodar e continuar un curso mais. A idea dende Foanpas e seguir con este proxecto en mais colexios de Vigo e ademais implementar un sistema de control de acceso mediante mensaxe a través da aplicación Tokapp, como reforzo de seguridade para os pais que deixen os nen@s na Ruta escola, mediante pulseiras con RF. Deixámosvos unha ampla reportaxe Niños solos, pero por el camino seguro de La Voz de Galicia. Se queredes ver a promoción que fixeron dende a ANPA do Pombal deixámosvos co video promoción

 VIDEO RUTAESCOLA O POMBAL