segue a FOANPAS en Facebook    segue a FOANPAS en Twitter    segue a FOANPAS en Youtube   

Intranet para as ANPAS, Axudas e Servizos colectivos

Dende Foanpas queremos axudar as ANPAS asociadas ofrecéndolles ferramentas de traballo e servizos en comunidade que fagan as súas tarefas mais efectivas, eficaces e con menor emprego de recursos humans e económicos. Deste êxito poderemos compartir ideas, servizos e recursos para tamén adicar mais tempo o verdadeiramente importante da nosa laboura coma ANPAS, a DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO para mellorar o futuro das nosas crianzas xa que a educación pública é a ferramenta mais poderosa de ofrecer igualdade de oportunidades de crecemento persoal e humano os nosos fill@s.

  • A Intranet para Anpas será ese espazo dixital (con usuario e contra sinal) na que as  ANPAS asociadas terán unha base de datos cos seus socios, clasificalos, levar as actividades extraescolares, comunicación cás familias mediante aplicación Tokapp, Protección de datos para ANPAS (Kit de formularios diferentes e política de privacidade), etc.
  • O acordo coa aseguradora Mapfre permitirá ter as ANPAS un SRC obrigatorio coas coberturas exigibles legais a un prezo sen competencia.
  • O acordo co Banco de Santander poderá permitir as ANPAS que se adhiran,  ter unhas condicións bancarias moi interesantes sen penalizar por seren unha ANPA dun colexio pequeno.