Skip to content

Grupo de Traballo de Recortes na Educación Pública

 

Dende a Xunta Directiva de Foanpas e coma tódolos anos dende fai moitos cursos escolares, chéganos laias e protestas das ANPAS dos diferentes CEIPs e IES que sofren o recorte de unidades, profesores de apoio educativo (PT, AL, orientadores, etc) ou que os comparten con outros coles, por parte da autoridade competente en materia educativa (Consellería de Educación, Universidade e FP) e a súa Xefatura Territorial. Os equipos directivos destes mesmos centros en ocasións nen siquera presentan protestas por temor as actuacións cohercitivas ou represalias.

Dende a defensa dos nosos asociad@s, en defensa dunha educación pública con calidade e prestacións educativas acordes coas necesidades do alumnado NEAE, Foanpas aglutina e participamos neste Grupo de Traballo en protesta polos recortes educativos na escola pública.

En primeiro lugar establécense as directrices das actuacións, documentos e posibles accións. Neste senso vimos de publicar un documento de análise do que ocurre nos últimos anos na política educativa de recortes do noso país,  SOBOR DE DATOS E POLÍTICAS EDUCATIVAS NO NOSO PAIS, que deixámosvos o enlace. Xa temos un ESCRITO RECORTES NA ESCOLA PÚBLICA, no que podedes valorar se queredes unirvos nesta reivindicación e participar deste Grupo de Traballo. Para elo mandade un e-mail a foanpas@foanpas.com co asunto en cuestión e poñerémonos en contacto con vos,

¡PARTICIPA!