Skip to content

Comisión de COMEDORES ESCOLARES

Comedores Escolares xestionados por FOANPAS

Actualmente a rede de comedores xestionados por FOANPAS a conforman as seguintes EEIs e CEIPs:

Neste curso 2023-2024 cada día servensen aproximadamente 2.300 comidas nestes 26 comedores, con total capacidade de variedade de dietas e calidade alimentaria. O decreto polo que se regula o funcionamiento dos comedores escolares de centros públicos non universitarios podedes leelo eiquí

O Concello de Vigo mediante convenio de colaboración coa Concellería de Educación de Vigo acordou destinar una axuda para os usuari@s dos comedores escolares nos colexios públicos de Vigo a través da xestión e responsabilidade de FOANPAS (Rede de comedores de FOANPAS). Esta axuda vai destinada a financiación dunha parte do menú fixa, que cada ano acórdase coa aprobación da Asamblea Xeral.

Os requisitos macro para formar parte da rede de comedores:

  • Ser un colexio público situado no Concello de Vigo.
  • Estar asociado a FOANPAS e nomear un/unha responsable de comedor pertencente a ANPA do devandito centro público.

Para leer as bases de comedores da rede de Foanpas 2021/2022 mais polo miudo:

Comisión técnica comedores

Esta comisión está formada polos representantes das ANPAS. Reúnese unha vez o mes cos representantes do catering e nesta reunión están presentes ademáis os representantes da empresa adxudicataria, a técnica de comedores de Foanpas (que tódolos días lectivos do curso escolar come nun dos comedores da rede de FOANPAS para facelos informes) e @ responsable da comisión de comedores de FOANPAS.

As súas funcions principais:

  1. Estudio e selección da empresa adxudicataria do servizo de catering e cuidado das crianzas nos comedores da rede a través da ferramenta xurídico-técnica do prego comedores, que sae a concurso público cada dous anos.
  2. Supervisión mensual dos menús basais, dietas, incidencias técnicas ou sancións, calidade e cantidade. Control sobre o personal de servizo (Responsable do comedor da empresa, cuidadores e educadores), a sua ratio (15 nen@s/1 monitor) e a normativa laboral  . Faise tamén control sobre o enxoval necesario para o servizo, mesas e instalacións. Protocolos de limpeza tanto da empresa adxudicataria do catering coma da empresa de limpieza do centro escolar.

Comisión de convivencia de comedores

Esta comisión e moi importante para nós, xa que pensamos que o tempo de comida dos nen@s é tamén unha parte do período formativo que debería estar incluido na educación obligatoria. Así transmítense os valores de hixíene persoal, convivencia entre iguais, a diversidade na sociedade e a resolución de conflictos. A empresa adxudicataria debe ter un proxecto educativo que leve a cabo o longo dos dez meses que dura o servizo. Esta comisión está formada pola pedagoga de FOANPAS, a responsable de Convivencia de FOANPAS, responsable da empresa adxudicataria e a técnica de comedores de Foanpas. Función principais:

  1. Facer unha xuntanza mensual ca empresa adxudicataria para a resolución de conflictos no ámbito da convivencia e adoptar as medidas axeitadas os protocolos e a normativa dos comedores escolares da rede aprobados nos Consellos escolares dos respectivos CEIPs.
  2. Desenrolar as iniciativas do proxecto educativo da empresa adxudicataria e as propias iniciativas da comisión (concurso de receitas de av@s, concurso de pequenos contos, etc).