Skip to content

Asamblea Xeral Ordinaria de FOANPAS, xuño de 2019

O mercores 5 de xuño, tivo lugar a Asamblea Xeral ordinaria de FOANPAS, no local do IME, así como a extraordinaria.

Na asamblea presentouse un resumo das contas anuais, un informe sobre os traballo das comisións e grupos de traballo, e así como os proxectos para o vindeiro curso, apostando pola dixitalización das ANPAS.

Na Asamblea extraordinaria aprobouse a entradas de FOANPAS no Rexistro Xeral do Voluntariado da Xunta de Galicia e a entrada das ANPAS do CEIP Alexandre Bóveda, ANPAS do IES Castelao, ANPA do IES Teis e ANPA CRA Mestra Clara Montes de Tui. Damoslle a benvida a estas novas ANPAS e agardamso que o traballo en común nos traian  melloras no ensino público.